Festas do Cristo e esperada inauguración en Bendollo

k. armesto / c.c

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

14 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

1Os veciños de Bendollo, en Quiroga, tiveron onte motivo dobre motivo para celebrar, xa que a parte das festas do Cristo que comezaron onte e continúan hoxe, inaugurouse o centro sociocultural do que poderán disfrutar a partir de agora para as súas reunións e celebracións. O edificio, situado no mesmo centro da aldea, trátase dunha nova construcción nun solar cedido polos veciños e construído con fondos europeos e coa aportación do Concello. O novo centro -de 120 metros cadrados-, foi deseñado pola arquitecta municipal e leva o nome Julio Álvarez por iniciativa dos veciños para agradecerlle ao alcalde o empeño que puxo na súa construcción. A inauguración acolleu a unha gran congregación de veciños que pouco antes do acto oficial, descubrían con entusiasmo os detalles do centro. Tras os formalismos, deixouse lugar á música da charanga BCB de Celanova, invitada tamén á pancetada popular que se tiña preparada despois para os asistentes. En Bendollo, unha das aldeas máis xoviais e con máis habitantes de Quiroga, a festa continúa hoxe cunha coa actuación da charanga BCB e cunha verbena de peche a partir das 21:00 horas amenizada polo Trío Lembranza.

Prevención de riscos

2Unha xuntanza máis formal e informativa foi a que se deu xoves pola mañá no centro de maiores Novacaixagalicia de Monforte. Alí, a confederación de empresarios de Lugo ofreceu unha xornada maxistral sobre «xestión de riscos na empresa: a batalla activa da prevención». Asisitiron unha trintena de empresarios para poñerse ao día das novidades da xestión de prevención de riscos laborais nunha empresa e concienciarse da importancia de previr accidentes e enfermidades laborais. A xornada comprendeu tres ponencias de José Ignacio Garrote, Fernando Barreda e Nicolás González. Con esta sesión a CEL abría un programa formativo de saúde laboral e seguridade que se impartirá en setembro en Lugo e Ribadeo, e que incluirá un seminario prático de manexo de carretillas elevadoras e un curso prático sobre método de extinción de incendios.