Traballos profesionais e didácticos

La Voz

LEMOS

02 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A produtora coruñesa IB Cinema está últimando a produción doutro documental sobre Lois Pereiro, Contra a morte, que tamén se prevé estrear en Monforte, nunha data aínda sen determinar. Durante os últimos meses, por outra parte, diversos centros educativos galegos promoveron traballos audiovisuais sobre a vida e a obra do poeta. Entre eles destaca Lois Pereiro, as armas da paixón, un documental didáctico realizado polos institutos dos municipios coruñeses da Baña e Rois que pode verse desde hai tempo en Internet.