Onte non foi 17 de Maio só en Monforte

maría caravel

LEMOS

18 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

1O Día das Letras Galegas viviuse onte dun xeito especialmente intenso en Monforte. Pero en Lugo tamén houbo actos, e para todos os gustos. Entre os máis madrugadores estiveron os alumnos do colexio Cervantes, cunha carreira solidaria pola auga, dentro do programa Voz Natura, á que se sumaron moitos veciños. O recadado irá para que Unicef constrúa un pozo en Níxer.

Defensa da lingua

2Houbo máis actos reivindicativos ao longo da xornada. Tamén pola mañá, a plataforma Queremos Galego celebrou unha concentración na Rúa da Raíña baixo o lema Paremos os ataques contra o galego. O escritor lugués Xosé Miranda leu un manifesto e diversos representantes de entidades culturais leron textos de Castelao e Lois Pereiro. Paralelamente, na Praza Maior, celebrouse un festival de música e danza con escolares dos colexios lucenses. Pola tarde actuou a coral Xeada no centro social de Fingoi e o coro Cantar Delas na Praza Maior. Coincidindo co Día das Letras Galegas, inaugurouse a Feira do Libro onte pola tarde, cun pregón da xornalista Margarita Ledo Andión.

Operación Triunfo

3Rematamos con música, pois onte estiveron en Lugo dez concursantes da última edición de Operación Triunfo. Á mañá firmaron autógrafos na carpa da aula de formación itinerante @, en Augas Férreas, e á tarde deron unha volta pola Muralla.