27 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
O BNG de Antas de Ulla denuncia que o Concello «está nunha situación insostible a nivel financeiro, con empresas subministradoras de servizos como Fenosa que reclaman máis de 38.000 euros de facturas atrasadas e hai que pagar 8.000 euros dos catro primeiros meses do 2009 a Sogama». Os nacionalistas sinalan que Sogama presentou requerimentos xudiciais por impago de varios anos.
Esta situación, sinalan os edís do BNG, «ven a demostrar a nula capacidade de xestión do goberno municipal, por non é capaz de elaborar uns orzamentos nin tampouco de asegurar dotacións para uns servizos básicos como é a luz ou a recollida de lixo».