«O despoboamento das colmeas non afecta ao mel»

LEMOS

A presidenta do consello regulador presentou un estudo que descarta problemas polo uso de pesticidas

08 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A presidenta do Consello Regulador Mel de Galiza estivo esta semana en Ourense na súa condición de veterinaria e administradora da Agrupación Apícola de Galicia, que ten a súa sede no Centro Empresaria Transfronteirizo, para explicar aos apicultores os resultados da investigación que se fixo con expertos de toda España sobre o síndrome de despoboamento que está afectando as colmeas e nas que se aportaron mostras de colmeares de todas las provincias galegas.

-¿Cales son as conclusións?

-A primeira é que se descarta que o uso dos pesticidas Imidaclopidra e Fipronil en cultivos, aos que Francia achacaba a mortaldade. Non apareceu nos estudos máis que en traza que non son suficientes para explicar o síndrome. De feito tamén se atoparon residuos doutros pesticidas, en concreto acaricidas que usamos para o tratamento contra a varroa e que, ou ben por mal uso ou por non cambiar ceras, poden quedar ahí. O que se conclúe é que hai unha conxunción de varias circunstancias, entre elas tamén a climatoloxía que en invernos especialmente duros nótase moito o incremento da mortandade, e tamén parece que detrás do problema están no repunte de enfermidades como é a propia varroa, que leva con nós dende o 1985 e que nos parece que o temos controlado, pero que non é así porque presenta agora resistencia aos acaricidas e ademais se detectou que a que nos afecta é unha variedade, a coreana, moi patolóxica e virulenta.

-¿Pódese arranxar?

-Sí, sempre que os apicultores non se deixen levar por a avalancha de informacións que lle chegan a través dos medios e cando teñen un problema avisen ao veterinario para que faga una análise de cada caso, porque eu lembro de algúns que como o veciño tiña un problema e lle daban un tratamento, el pensaba que tiña o mesmo e tamén o usaba, cando o seu caso é distinto.

-¿Afecta ao mel?

-Non, o síndrome de despoboamento das colmeas non afecta para nada a calidade do mel, porque a colmea que se despobla ou morre, xa non produce. De feito a colleita do 2007 foi excepcional, e dende o consello se certificaron ao redor de 34.000 toneladas, e este ano a floración está sendo moi boa, sobre todo no eucalipto e os enxames están indo moi ben.