22 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
A paixón de Margarita Ledo polo audiovisual comezou en Lugo cando era moi nova. Os tempos mudaron moito.
-A actual carteleira de cine de Lugo é moito máis reducida do que era antes...
-De pequena, cando fixen o bacharelato, vía moito cine en Lugo. Ía ao Central Cinema, que era onde ía Ánxel Fole, ía ao Gran Teatro, onde vin Un hombre y una mujer , de Lelouch, ía ao Cine Paz, ía ao Kursal... Viamos moito cine polas tardes. As películas eran máis ou menos, pero vías cine. E neste momento non podes facelo aínda que queiras.