A delegada de Vicepresidencia quítalle ferro os problemas que lle xurdiron co Concello de Lugo. -¿Cómo se sinte unha ex concelleira do goberno bipartito que lle estean poñendo chiniñas no camiño coas galescolas e co consorcio?
-Eu non o vivo así. Son moi respectuosa e penso que o modelo do PSOE e da Vicepresidencia son distintos. Cando o BNG estivo no concello apostamos polos servizos públicos. Abrimos o Antonio Gandoi e se continuábamos iamos a aumentar prazas. O Concello de Lugo ten outras opcións como son as empresas privadas e e diferente. Eles opinan dunha maneira. Tiven sempre clara a nosa idea. Son problemas políticos derivados da concepción que teñen dos servizos sociais. -¿En serio que non lle afecta?
-Nós como Vicepresidencia, colaboramos con Concello de Lugo e de feito o 75% está subvencionado pola Vicepresidencia. Si eles optan por outro tipo de xestión de servizos. Nós temos claro onde queremos ir, sabíamos que había que modificar a Lei Galega de Servizos Sociais, que contempla un sistema galego de benestar social. Demos importancia a temas que o necesitaban como o menor, que eran prioritarios. Hai que pensar que os proxectos son do Goberno galego e serán cousas que terán que aclarar porque, non son da Vicepresidencia.
-Pasemos o tema da violencia de xénero. As queixas céntranse en que falta coordinación de medios.
-Creo que é vergoñento o tema, Houbo cambios de mentalidade, pero hai que avanzar moitísimo. Ten que ser un traballo transversal, que non vai a solucionar ningún organismo. Hai que traballar, principalmente na educación. É un problema de cambio de mentalidade e de castigo de quen fai eses actos. Aínda sigo a ver xente que ri os chistes machistas. Non creo que sexa cuestión de descoordinación. -¿Cantos salarios da liberdade se solicitaron? -O ano pasado houbo 60. Parécenme bastantes para unha provincia como a de Lugo. As asociacións de mulleres son flebes, salvo en cuestións específicas como as viúvas, as separadas e divorciadas. Pero o movemento feminista é moi flebe. -¿É os menores? -O tema dos menores é moi preocupante. Pola propia dinámica social van aparecendo novas problemáticas como a violencia dos fillos os país, impensable hai dez anos, o absentismo escolar, a violencia e acoso nos institutos. Vicepresidencia sempre é o último nivel. Intentamos mellorar os centros. Imos facer un de primeira acollida, que saíu licitado o outro día. Teño que dicir que en menores a colaboración coa xustiza é máxima. Nese sentido Lugo está ben cuberto.