Os veciños din que o problema afecta a diversos núcleos

La Voz

LEMOS

Os organizadores da protesta sinalan que Quinzán do Carballo non é a única localidade do municipio onde se dá este problema. Segundo indica Luis Moure, «en todo este percorrido, o autocar só se desvía do traxecto para entrar nos núcleos de Bouzoa e Cerdeda e nos demais lugares pasa o mesmo que aquí, só que os rapaces teñen que andar aínda máis para chegar á parada máis próxima, ata 1.700 metros nalgún caso».

Luis Moure asegura por outra parte que tamén se rexistran problemas semellantes noutras liñas de transporte escolar do municipio, todas elas a cargo da mesma empresa. «Non somos os únicos que padecemos esta situación, pero a xente non protesta por non contrariar ao alcalde», conclúe o veciño de Quinzán.