Con respecto á documentación histórica sobre a ruta, Menéndez indica que cada vez é maior o número de datos que están conseguindo reunir os expertos nas diferentes zonas de Galicia e do Bierzo polas que pasa este itinerario. «Nas xornadas que acabamos de ter en Chantada houbo unha intervención moi interesante do historiador Elixio Rivas Quintás, quen dixo que este camiño xa existía incluso con anterioridade ao Camiño Francés», comenta. Rivas, membro da Real Academia de la Historia, tense distinguido na recuperación do chamado Camiño Mozarábe que enlaza Andalucía con Santiago e que coincide en parte coa célebre Vía da Prata.