«Monforte é case o único sitio no que aínda non tocamos»

Laura López MONFORTE

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

Entrevista | Eduardo Hermida Este músico ferrolán expón as súas pinturas en Sargadelos. Cores vivas e iconos conforman a estética dos seus cadros, que son un reflexo da cultura publicitaria e da imaxe

16 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?eva vinte anos adicado profesionalmente á pintura, aínda que a practica dende que era un cativo, e dez traballando como músico. Con 42 anos, o ferrolán Eduardo Hermida segue vivindo da súa paixón: a arte. É profesor de pintura en Ferrol e membro do grupo Los Fabulosos Cubatas Fockink Brothers, e estes días presenta unha exposición de pintura pop na galería Sargadelos de Monforte. -Cunha coleción de vinte pinturas de estilo pop. É unha obra moi colorista e musical, pola influencia que esta arte ten na miña pintura. -Vostede é pintor, músico, escenógrafo... ¿con que se queda? -Cun pouco de cada cousa, cada arte apórtame algo, non sabería escoller. -¿Por que se decantou polo estilo pop? -Supoño que vén da miña formación. Fun estudante de deseño gráfico, profesor de escaparatismo... E estou en relación directa coa publicidade e o mundo da imaxe. Realmente non podería ser outra cousa que un artista pop. - O icono é unha constante na súa obra, ¿por que? -Polo mundo no que me movo, gústame o cine, a música, e retomo esas imaxes. Ademais, o icono é o elemento básico da arte pop, igual que a cor, que ten moito protagonismo na miña obra. -Con respecto ao seu traballo no dúo musical Los Fabulosos Cubatas Fockink Brothers, ¿para cando un concerto en Monforte? -Pois non o sei, facemos unhas oitenta actuacións ao ano e nunca nos chamaron para actuar en Monforte. De feito, é a única vila galega onde aínda non actuamos. -¿Como definiría a súa música? -Pepe Doré e máis eu facemos un espectáculo de cabaret, moi gamberro e interactivo, e a verdade é que temos bastante éxito. -¿Cales son os seus próximos proxectos? -En outubro expoño as pinturas na galería Sargadelos de Ferrol. Ademais, inicieime como ilustrador de contos co libro de Yolanda Castaño Punver , que foi o segundo libro en galego máis vendido. Tamén son ilustracións pop, pero cunha técnica máis infantil. E seguirei actuando co dúo musical, a semana que vén en Lugo e Sada.