FOGONAZO | O |
08 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.PARECE que por fin se vai cumprir a vella idea de restaurar o antigo e cada vez máis ruinoso priorado de Val do Mao para darlle un uso museístico. A un municipio como O Incio, como a todo o sur lucense, non lle sobran precisamente iniciativas para a recuperación e o aproveitamento do patrimonio cultural. A decisión da Xunta sobre esta edificación histórica aparece nun período marcadamente preelectoral. Aínda que o proxecto está aínda moi verde, é de esperar que non quede nunha mera promesa.