A mocidade e a súa situación

XESÚS MATO

LEMOS

Á BEIRA DO CAMIÑO | O |

02 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

COMPLEXA situación da nosa mocidade. Acentuada no rural, coa xa imparable fuxida á cidade. Coma nos anos 60 a Europa. Con máis inseguridade e sen futuro. En España (15/29 anos): 9.255.420 (4.769.015 mozos e 4.486.405 mozas); Galiza con 543.583 total. (Padrón Municipal Habitantes, INE 2005) Engadir de 30/35, tamén na casa. Frialdade cifras, realidade feitos. Persoas concretas. Con valores, ilusións, ideas, traumas. Sen traballo e con baixa auto/estima na zona, provincia, Terra. (Nas parroquias da alta montaña luguesa colleron ese camiño o 85% dos mozos e mozas nos últimos 20 anos). Non chega con condenar botellóns e xeitos de vivir. Non é problema da mocidade senón problema social que repercute nela. ¿Por qué a falla de fe/confianza na igrexa, exército, políticos, matrimonio? ¿Será pola nosa falla de exemplo, testemuño e coherencia de vida!? ¿Adoitamos condenala e mirala como ameaza á nosa tranquilidade, á nosa orde social vella? ¿Que se lles dá aos novos desde a Igrexa, a educación, os gobernantes ou os políticos!? ¿Que futuro estamos a preparar para eles? ¿Só interesan como consumidores!? Invítoos a pensar por conta propia e non vivir de ideas prestadas, máis ca nunca, interesadas e nocivas.