FOGONAZO | O |
03 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.A OFICINA de rehabilitación de Monforte insiste de novo na necesidade de peonalizar canto antes a ponte vella. Pero por agora hai que seguir esperando. Cando por fin se constrúan as infraestruturas necesarias para poder pechar ao tráfico esta ponte, Monforte probablemente aparecerá nos telexornais de toda Europa. Porque unha ponte construída no século XVI que segue a soportar o tráfico rodado xa é un caso bastante infrecuente e insólito a estas alturas. Como non se lle dea un pouco máis de premura ao asunto, pode que Monforte sexa o último lugar do continente en pechar ao tráfico unha ponte desa época.