Arte para despedir o ano

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LEMOS

LÓPEZ PAZ

Crónica | Peculiares celebracións do Nadal A escultora Violeta Bernardo e o escritor Xosé Lois García achegan uns orixinais toques artísticos e culturais ao período de festexos que está a punto de comezar

19 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? escultora sarriá Violeta Bernardo e o escritor chantadino Xosé Lois García, cada un polo seu lado, achegan un toque de orixinalidade artística ao período de celebracións do Nadal e de fin de ano. Violeta Bernardo instalou un peculiar nacemento no vestíbulo do colexio da Asunción para reemprazar o belén que preparan habitualmente os alumnos do centro e que este ano non puido armarse por problemas de datas e horarios. A instalación ten como centro o tradicional conxunto de figuras de María, Xosé e o Neno Xesús, pero en vez de rodealas dos típicos pastores e demais elementos decorativos, Bernardo colocounas no en medio dun deseño en espiral que, segundo explica, simboliza o camiño da vida. A artista utilizou na súa composición pedras, area, cordóns de algodón azul e unha vela, ademais das tres figuras centrais, que son pezas de cerámica realizadas por ela mesma. No camiño en espiral colocou tamén varias flores, feitas igualmente de cerámica. A orixinal instalación artística terá un carácter bastante efémero e só se exhibirá ata este venres, porque o colexio da Asunción, como todos os centros educativos, fechará as súas portas ata o mes próximo. Chamamento Pola súa parte, Xosé Lois García aproveita os festexos para chamar a atención obre a conservación do o patrimonio histórico local. As tarxetas de felicitación que distribúe ofrecen unha imaxe do pantocrátor da igrexa de Pesqueiras, unha antiga pintura mural que sufre desde hai anos un serio deterioro. No reverso da postal hai un chamamento: «Entre todos, salvemos as pinturas renacentistas da igrexa románica de Santa María de Pesqueiras (Chantada)». No interior pode lerse un fragmento dun poema que García dedicou a esta pintura, titulado Pantocrátor fracturado de Pesqueiras e publicado orixinalmente en 1996 no libro Rosto incompleto . E tamén unha felicitación: «Un feliz solsticio de inverno e un Nadal de esperanza».