Crónica | Combatentes do bando nacional falecidos na Guerra Civil O 14 de abril de 1943 o Concello de Sarria elaborou un censo coas 40 persoas que perderon a vida en distintos puntos de España durante a contenda
09 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Todas as guerras con terribles e as guerras civís, con enfrontamento de irmáns contra irmáns, aínda teñen máis consecuencias negativas. Rematada a guerra de 1936/39 e feito o reconto de mortos en combate houbo a iniciativa de trasladar os seus restos ao monumento nacional de Cuelgamuros. Para dar curso á petición de datos o Concello de Sarria elaborou o 14 de abril de 1953 unha relación de 40 falecidos en combate, acompañada da autorización dos familiares para o traslado dos restos o chamado Valle de los Caídos. Falecidos Fronte de Asturias: Antonio Rodríguez, enterrado en Grandas; Xulio Gallego, morto na Loma del Pando e enterrado en San Pedro de los Arcos; Xulio Castro, morto no cemiterio de Grado e soterrado nese lugar; Francisco Fernández, ignoran lugar; David García, en Meré, sen datos. Fronte de León: Avelino López, ignórase enterramento. Fronte do Guadarrama: Xesús Fernández, morto no Guadarrama Marañosa e enterrado en Pinto; Cástor Pérez, na Casilla de la Muerte, enterrado en Segovia. Fronte de Madrid: Xosé Baquero, sen datos; Amadeo Balboa, en Leganés. Fronte de Brunete: Xosé Fernández, descuartizado por un canonazo. En Talavera de la Reina: Amador López, enterrado no cemiterio desa localidade. Fronte de Bilbao: Casiano López, enterrado en Durango; Amador González, sen datos. Fronte de Teruel: Héctor Vázquez, enterrado en Alcora; Daniel López, en Cordelán; Henrique García, en Vitoria; Xosé Murado, faleceu no Hospital de Caminreal; Xosé Elías, faleceu no Hospital de Zaragoza; Francisco Calvo, sen datos; Antonio López, sen datos; Xosé Pontón, sen datos; Arturo Penela morto na posición de Picos del Buitre. Fronte de Belchite: Leandro López, sen datos. Fronte do Ebro: Xosé Fernández, enterrado en Hosta de San Juan (Tarragona); Xosé López Gallego, morto en Balaguer e enterrado en Gandesa; Enrique Díaz, en Casetas (Zaragoza), non se sabe onde o enterraron; Xosé López Sampayo, en Hosta de San Juan. Fronte de Extremadura: Jesús López, falecido no Hospital Militar de Sevilla. Fronte de Castellón: Julio Prieto, enterrado en Serós; Ricardo Iglesias, enterrado en Pilón de San Joaquín; Benigno Somoza, sen datos. Fronte de Huesca: Xosé Balboa, enterrado en Fraga. Fronte de Lleida: Manuel López, ignoran datos; Xesús Daga, enterrado nun pobo preto de Gadesa. No afundimento do Castillo de Olite: Xesús Piñeiro e Anxo Iglesias. No afundimento do Baleares: Xosé Sanmartín. Descoñecíase onde morreu: Enrique López. A este listado hai que engadir os seguintes nomes: Melchor Balboa, Xesús Barrio, Xoán Boado, Xesús Cabañas, Pedro Cabañas, Manuel carro, Manuel Castro Pardo, Manuel Castro Pérez, Xosé Doval, Castor Fernández, Manuel García, Emilio García, Manuel González, Xosé López López, Luis López, Xosé López Rodríguez, Aurelio López, Arsenio Montero, Alexandre Morillo, Victorino Pérez, Xosé Pérez López, Xoán Rodríguez, Xosé Rodríguez. Xermán Somoza, Constantino Vázquez e Benigno Villar. Na habitual liña de nugalla municipal propia de Sarria, aínda que baixo o franquismo se deu orde de que na igrexa maior de cada localidade figurase en lugar destacado por baixo da inscrición José Antonio Primo de Rivera ¡Presente! o nome e apelidos de tódolos caídos do bando nacional, non foi ata os anos 50 cando se colocou na fronteira de Santa Mariña o encabezamento e aínda que entre os papeis municipais se gardaba a relación nominal dos mortos do exército nacional nin os sucesivos alcaldes nin os xefes locais do Movemento levaron a práctica o mandato imposto. Non creo que haxa moitas vilas de tamaño medio como Sarria que non lle desen cumprimento a esa orde. Nos outros concellos da comarca tampouco se fixeron esas inscricións. Resultan curiosas estas desobediencias. Proxecto Houbo un intento de facer unha cruz dos caídos, froito do megalómano proxecto que pretendía no cume do monte de Santa Cristiña unha cruz xigantesca á que se accedería cunha longa escaleira de pedra ben axardinada, proxecto este que, non habendo xiquer cartos para facer obras de utilidade e inaprazables quedou en nada. Houbo un avance da idea e acordos riba do papel e paren de contar.