O Concello de Monforte organiza varios actos con motivo do día contra a violencia machista

La Voz LA VOZ | MONFORTE

LEMOS

? concellería da Muller de Monforte preparou unha serie de actos para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se desevolverán ata finais da semana próxima. As primeiras actividades consisten nunha serie de obradoiros sobre igualdade e prevención de violencia, dirixidos a alumnos de ensino secundario, que comezaron o mércores no instituto Daviña Rey e continuarán ata o día 22 nos diversos centros educativos do municipio. Nos centros de primaria haberá tamén durante estes días varias actividades de prevención e sensibilización. Os alumnos participantes realizarán carteis co lema da xornada que serán expostos no centro multiusos. O propio día internacional contra a violencia machista, o 25, celebrarase no Parque dos Condes un acto conmemorativo consistente na plantación dun exemplar de gingko biloba, coñecido simbolicamente como árbore da vida. Neste acto exhibirase unha grande pancarta na que se integrarán os carteis realizados polos alumnos de primaria. O programa inclúe tamén a representación da obra teatral Defensa de dama , a cargo do grupo Balea Branca, que poderá verse no auditorio do centro multiusos o día 26, a partir das sete da tarde.