A herba artificial do Sangoñedo terá que ser reposta por completo

Francisco Albo
Francisco Albo CHANTADA

LEMOS

Un defecto de fabricación do material fixo que o terreo de xogo se volvese impraticable As obras de reparación comezarán a mediados de decembro e durarán un mes

13 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? céspede artificial do campo de fútbol do Sangoñedo terá que ser levantado e substituído por completo debido a un defecto de fábrica do caucho utilizado na súa composición. As obras comezarán sobre o 15 de decembro e durarán en torno a un mes, segundo lle explicaron os responsables de empresa instaladora ao concelleiro de Deportes, Castor Novoa. A instalación, que quedou terminadada na primavera do ano pasado, aínda está en período de garantía e o custo da reparación, por tanto, correrá intregramente a cargo da empresa responsable das obras e dos fabricantes do material defectuoso. Debido a este problema de fabricación, unhas minúsculas bolas de caucho que serven para dar consistencia á herba artificial compactáronse e formaron grosas pastillas. O resultado foi que o terreo de xogo se volveu escorregadizo e inapropiado para disputar partidos. A causa, ao parecer, pode estar en que se usou algún produto equivocado para tratar o caucho. Segundo Castor Novoa, a empresa instaladora asegura que é a primeira vez que ten un problema deste tipo nesta clase de instalacións. A mesma firma encargouse tamén de instalar terreos de herba artificial para o Real Madrid, o Celta e o Málaga, entre outros clubes deportivos. O concelleiro de Deportes, por outro lado, espera que as novas obras non supoñan moitos problemas para as actividades do club de fútbol local. «Se os traballos se levan efectivamente a cabo nas datas que nos dixeron, quizá só haxa que disputar un partido fóra do campo, ou talvez ningún», di.