Ten varices...

LEMOS

FOGONAZO | O |

16 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

CASE TRES anos para se operar de varices. Pero tranquilos todos, di o Sergas, que só son eso, unhas varices de nada. Ademais, cando gobernaba o PP as listas de espera eran igual de longas que agora. Estou seguro de que ao paciente que espera por esa intervención cirúrxica impórtalle ben pouco quen goberna. O único que ha de querer é que o atendan. ¿Que clase de excusas son esas cando falamos da saúde dalguén? Resulta evidente que o sistema sanitario non funciona. Pero de ser un dos enfermos, preferiría que me dixesen simplemente que non dan feito. Que non lles dá a gana de me operar, porque non querer operar de tarde. O que sexa, menos «acusar» aos que estiveron antes como se estivésemos no patio dun colexio.