Entrevista | Xosé Artiaga Está traballando nunha instalación que precisa dunha sala de ?30 metros por 15 para poder ser exposta. É un dos poucos galegos ?que irá á Bienal de Pontevedra
22 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Dos clásicos, a Xosé Artiaga só lle interesa coñecelos para non caer no erro de tratar de imitalos. -Estudou na Escuela de Bellas Artes San Fernando pero considérano autodidacta. ¿Por que predomina esta última parte? -A carreira de Belas Artes serve para que un se dea conta de que non sabe nada, e a partir de aí é cando hai que empezar a desenvolver a carreira. Nas facultades de Belas Artes hai grandes diferencias según o funcionamento dunha ou doutra, e depende de que haxa un bo profesor de Estética. A de San Fernando non se distinguía por eso precisamente. A de Salamanca cónstame que funcionou ben unha tempada e a de Pontevedra está a facelo moi ben e está saíndo dela xente moi boa en Galicia. A finais dos 70 a de Madrid centrábase moito na pintura e escultura, moi en plan taller, pero non había unha dinámica aberta á estética nin un coñecemento profundo, que había que buscalo despois de rematados os estudos. De todas formas eu nunca dixen que sexa autodidacta; eses son apelativos que me puxeron. Eu nin sequera me defino. -¿Ese posgrao pola súa conta fíxoo experimentando, visitando moitos museos...? ¿De que fontes bebeu? -Das dúas cousas; por unha parte, experimentando e ao mesmo tempo fun viaxando vendo obras dunha gran cantidade de xente que está traballando aquí, en Suiza, nos Estados Unidos... Vas formándote esteticamente e vas atopando o teu lugar. -¿Por que a evolución artística case sempre vai do figurativo o abstracto? -Non sempre. En Galicia hai xente incluso que fixo o camiño á inversa. Algún gran pintor coñecido, sendo abstracto e pasouse ao figurativo simplemente por adecuar un pouco a súa estética a unhas condicións do mercado. Cando se prescinde de todo iso e se busca algo singular, normalmente faise así, pártese dunha figuración e vaise prescindindo da figura para darlle cabida a unha serie de datos que acaban transformándose en iconas da propia obra de cada un. -¿Entón, o camiño á inversa faise cunha finalidade comercial, non artística? -Penso que si, que algo diso hai. Dende 1985 ao 1990 había: certa precipitación á hora de meterse no mercado e escoitábanse frases lapidarias como «estou farto de non vender un puto cadro e a partires de agora vou vivir da pintura». Eu o que fixen foi tratar de desenvolver economicamente un campo, e o arte mantelo noutro apartado, por iso artisticamente fixen sempre o que quería. -¿Se é certo que a fame agudiza o inxenio, a penuria económica é necesaria para a creación artística? -Non necesariamente. Hai xente que se meteu na aventura da arte sen contemplar as posibilidades que tiña, pretendendo a toda costa vivir da arte. Logo a esas persoas víuselles ao largo da súa traxectoria o resultado desas precipitacións. Se non hai nada dentro, pouco se pode agudizar, nin con economías nin con substancias. Como dicía Baudelaire, non se consegue nada que non se leve dentro. -En todo caso, esas estreiteces económicas dan un aire bohemio, ¿ou xa non se estila a estas alturas? -Eu sempre partín unha traxectoria ao traveso do sono, de soñar; é coma unha viaxe. -De grandes traxedias colectivas ou persoais saíron grandes obras. ¿O infortunio é creativo? -Eso si; sempre. Se tes unha vida de moita intensidade, tes moito que contar e o problema é darlle forma. -Fernández-Cid cualificouno de «racionalista emocional». -Penso que se refire a que trato de racionalizar as emocións vividas para buscar os códigos necesarios porque ao mesmo tempo trato de reconducilas. El coñéceme moito e relacionaría a miña obra e a miña vida. -¿Os clásicos son unha fonte inagotable ou pódese prescindir deles? -Sinceramente, nunca me interesaron. Levo en Madrid 30 anos e creo que visitei o Museo do Prado tres veces. Os clásicos hai que coñecelos para saber que non os vas a superar pero logo cada un ten que buscar as súas canles de comunicación. -¿Madrid permite o illamento e a tranquilidade suficiente para pintar? -Madrid é a Torre de Babel. Chega un momento no que o que hai que facer é distanciarse. Dende hai anos non visito exposicións nin acudo a inauguracións. Eu agora mesmo podía estar desenvolvendo a mesma obra en calquera outro lugar.Qua nonvolium senamqu ntris loctum atiam moverem ssimius «RENCONTRES». Nesta serie o artista asegura que tivo que codificar moito as vivencias da etapa anterior debido ao exceso de cousas que tiña para contar.