TRIBUNA | O |
04 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.UN equipo francés de rugby proxecta realizar unha peregrinación polo Camiño de Santiago visitará Sarria por convite do club deportivo local Landrús. Non deixa de ser unha curiosa ironía da historia. A palabra landrú , aínda que non acostuma a aparecer como tal nos dicionarios, está popularizada en Galicia como sinónimo de túzaro ou algo similar. É de supoñer que de aí sacou o seu nome, humoristicamente, o equipo de rugby sarriao. E a tal palabra parece proceder do apelido de Henri Landru, asasino de mulleres executado na guillotina en 1922, cuxos macabros crimes alcanzaron unha fama inmensa en toda Europa e foron glosadas ata nos vellos cantares de cego. Landru era francés, isto é, un compatriota dos xogadores que serán acollidos polos Landrús de Sarria. Qué coincidencias hai na vida. Por certo, é de destacar que o nome completo do equipo é Landrús Cristo Galicia. Seguramente un dos nomes máis orixinais que ostenta calquera club deportivo europeo -de rugby ou do que sexa- e que merece felicitacións e unha ampla celebridade.