Un panorama desolador

La Voz

LEMOS

SITUACIÓN EN 1906

28 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

En 1906 la situación por distritos en Sarria era desoladora. Parroquias de Goián, San Miguel e San Foz de Vilapedre. Escola en Tremeado. Distrito 2: Vilar, Lousadela e Santiago da Veiga. Non tiña. Distrito 3: Frades, Arxemil, Betote. Requeixo e San Salvador do Mato. Non tiña. Distrito 4: San Xulián da Veiga, Rubín, Ferreiros, Corvelle, San Antolín e Louseiro. Non tiña. Distrito 5: Calvor, Lier e Castelo dos Infantes. Escola con mestre titular e axudante. Distrito 6: A Pinza, Biville, Belante, Meixente e Santo André. Non tiña. Distrito 7: Barbadelo. Escola incompleta en Rente. Distrito 8: Reimóndez, Cesar e Albán. Non tiña Distrito 9: Froián, Piñeira e A Chanca. Non tiña. Distrito 10: Vilamaior e Nespereira. Non tiña. Distrito 11: San Sadurniño e Chorente. Non tiña. Distrito de Sarria: Parroquias da Vila, Farbán, Vilar de Sarria, Fontao, Fafián e Camiño e algúns lugares de Requeixo. Unha escola de nenos e outra de nenas e unha clase para adultos. Grazas a xenerosidade de Matías López a vila tiña un edificio para escolas.