LA TRIBUNA | O |
16 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.DENDE A executiva local de Sarria, ante a nova campaña de difamación iniciada polo PP, o goberno local e certas persoas que representaron e representan ás forzas máis reaccionarias e conservadoras do noso Concello contra o noso portavoz municipal queremos expoñer o seguinte. Afortunadamente, no noso partido, son as bases, en asamblea, e sen nigún tipo de presión mediática nin procedente de colectivos con diversos intereses económicos, as que deciden quen son os seus representantes políticos e os candidatos ós diversos procesos electorais. Así foi sempre e así o seguirá sendo. Polo contrario, sorpréndenos como algúns que non respetan os dereitos básicos de afiliación sindical, intentan darnos leccións democráticas. Tódalas decisións que tomou o compañeiro Claudio Garrido foron como membro e responsable do PSdG de Sarria, e polo tanto non foron feitas, como pretenden transmitir algúns, como decisións persoais, senón colectivas. Parécenos que o apoio recibido nas últimas eleccións municipais, onde o noso compañeiro foi o cabeza de lista máis votado, debería ser suficiente para acalar a aqueles persoeiros que pretenden con dita actitude obter o que non obtiveron nas urnas. Nas pasadas eleccións o elixido foi Claudio Garrido, e algúns, que ahora o critican, encargáronse de alterar a vontade popular con manobras pouco claras e quitarlle o posto de Alcalde.