TRIBUNA | O |
27 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.PASO A enumerar unha serie de desexos que me gustaría ver cumpridos no 2006: Que o PP de Lugo estea suficientemente representado na nova dirección galega do partido e que a nosa emérita Susana L. Abella figure na mesma. Que para ser alcalde de Chantada siga sendo necesario pasar polas urnas e ser elixido. Non como en Lugo, onde Antón Losada, sen ter vivido xamais na cidade, adxudicouse a si mesmo oposto de rexidor e verteu toda sorte de ameazas ao alcalde Orozco e á súa maioría absoluta. Que os bos compañeiros da Federación Asturiana de Dominó sigan participando e colaborando no campionato de Chantada e non presten atención a este alto dirixente do BNG (e da UPG) que acusou a Asturias de «destruir todo o que cheire a galego». Que a TVG siga nesa línea de mellora e definitivamente Ana Kiro e Superpiñeiro (Gayoso é caso aparte) sexan sustiuídos todos os días polos anxelicais A. Quintana e A. Bugallo. E, por último, que o PSOE pase a formar parte do Goberno da Xunta de Galicia,