Cousas que queiman

CARLOS VÁZQUEZ

LEMOS

TRIBUNA | O |

08 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A cadea dos lumes segue. Incendios en Begonte, A Fonsagrada, Portomarín, etc. Ata o lugar se desprazaron as brigadas de extinción. E como escribía quen firma arriba hai ben pouco, ás veces con máis vontade que preparación. Así, quixen saber ata que punto o estaban algúns destes brigadistas. E certamente quedeilles preocupado. Non sorprendido. Un deles contoume que levaba xa varias tempadas na loita contra incendios e que en cada unha lle deron exactamente o mesmo curso de instrución. Non se apuren ao saber que tal redúcese a tan só dous días. ¿Que se pode aprender nese espazo de tempo? Insinueille a outro, este con responsabilidades, se tiña claro, por exemplo, que os contralumes estaban prohibidos. «Non son legais mais ás veces facémolos, pois do contrario non dariamos acabado». ¡Contra! E deseguido, quixen saber tamén se leran o libriño ese que lles deran. A resposta foi que lle botaran unha ollada por riba. Supoño que haberá de todo. Dito isto, o que non entendo tampouco é por qué ese caderno, alomenos o que vin eu si, estaba escrito só en español previo encabezamento da Consellaría de Medio Ambiente. Esas tiñamos? Ai ho!