FOGONAZO | O |
26 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.ALGO RARO pasa cando por todas partes nacen, medran e se reproducen festivais de rock veraniegos e aquí non hai maneira de que se faga un con xeito. Intentárono hai anos en Quiroga e aínda se están arrepentindo, o Castañazo-rock de Chantada funcionou só dous anos, ensaiaron a fórmula nas últimas festas de agosto de Monforte e tampouco non resultou... ¿Por que aquí non sae ben e en Lalín, Palas ou Guitiriz si? Confésollelo: non teño nin idea.