A TRIBUNA | O |
06 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.ESCOITANDO esta semana a radio puiden deleitarme, no moi recomendable programa de Diego A. Manrique El Ambigú (Radio 3), cunha selección de cancións míticas da rumba catalana interpretadas por Peret, Dolores Vargas, Los Amaya e outros nomes que agora non lembro. A que máis me chamou a atención polo seu ritmo bailongo de guitarras e palmas foi Don Toribio Carambola . O tema constituiu un éxito do catalano-adaluz (polémica mestura nos últimos días) Peret no 1973. O mellor é a letra: fala dun xitano que quere ser o primeiro da súa raza en pisar a lúa, empregando para elo unha serie de pezas recicladas dun vehículo automóbil de segunda man. Obviamente, tan nobre pero desaxeitada iniciativa causa profundo pasmo entre os seus veciños e compañeiros. Supoño que moitos lectores lembrarán o pegadizo estribiño desta rumba: Don Toribio Ca Rambola Rambola bo. Unha vez rematado o programa en cuestión cambiei de emisora e puxen Radio Galega. Alí, un señor de oitenta e dous anos falabra da Super Galicia dos vindeiros vintecinco anos, con el ao frente. Tamén falabra de utilizar aos que colaboraron con él nestes 16 anos de Xunta do PP (con ou sen reciclar) para acadar esta Terra Prometida. Esa é a grandeza da radio, permite contar a mesma historia en distintos idiomas, con música, con discursos... Vivan as emisoras de radio e a Super Galicia de Don Toribio Carambola.