O Xoves de Compadres abriu as festas de carnaval na comarca de Lemos

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

A concentración da plaza de España de Monforte foi máis numerosa que a do ano pasado Os autores dos bonecos eludiron a sátira política e optaron por asuntos tradicionais e cotiáns

27 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

? Xoves de Compadres, primeira xornada do carnaval local, foi celebrado onte en Monforte cunha animación que soubo resistir aos efectos da vaga de frío. Ás cinco e media da tarde comezou na praza da España a entrega de premios do certame municipal de compadres e a tradicional queima de bonecos, un acto que congregou a numerosos participantes, principalmente alumnos dos diferentes centros de ensino do municipio. O número de asistentes superou sensiblemente ao do pasado ano, Desde a primeira hora da mañá, seguindo o costume, os veciños puideron contemplar os bonecos instalados en numerosos puntos de Monforte e doutras localidades da comarca. A tradición mantívose en moitas das zonas onde se pratica habitualmente, pero botouse a faltar noutros lugares que destacaron neste aspecto nos últimos anos, como é o barrio de Carude, onde non se viu ningún conxunto de compadres. A diferenza doutros anos, ademais, os bonecos apenas foron utilizados para satirizar a actualidade política local. Os motivos dominantes foron a recreación de escenas etnográficas e da vida cotiá. Tamén pesou bastante o cuarto centenario da publicación do Quijote , que serviu de inspiración a unha boa parte dos compadres presentados ao concurso municipal.