TRIBUNA | O |
17 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.ESTES DÍAS asistimos a unha serie de rasgamentos de vestiduras por parte de distintos políticos, bispos e empresarios a favor ou en contra do tan traído e levado plan Ibarretxe. Fálase do "novo marco de convivencia", de "ruptura da unidade nacional", de "respecto á Constitución"... Pero o plan Ibarretxe ou a unidade nacional non son realidades tanxibles. Son obras de enxeñería política, que en último termo só implican cambios na burocracia administrativa. Eu non estou a favor do plan, porque creo que debemos buscar unha Europa cada vez máis forte e unida en torno á futura constitución e aos valores de solidariedade, paz e xustiza; e o plan, como todos os nacionalismos incluído o español, só serve para facer divisións dentro do que debera ser un conxunto cada vez máis amplo. Agora, no medio deste marasmo que ten monopolizada a opinión pública, o Banco Popular anuncia que estudará cobrar unha comisión de 0,30 euros por sacar cartos dos caixeiros fóra dos horarios de oficina, e, xa se sabe, os bancos "como en Fuenteovejuna, todos a una". Iso si que é un plan e o demáis son lerias... Curiosamente, ningún político dixo nada ao respecto.