FOGONAZO | O |
10 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.PARECE que o nomeamento do alcalde de Chantada como presidente da xestora do consorcio turístico da Ribeira Sacra provocou sorpresa no goberno local de Monforte, que confiaba en que neste municipio -pola súa situación xeográfica, o seu peso demográfico, etcétera- recaese a presidencia de dita entidade. Unha sorpresa moi esperable, todo hai que dicilo, tendo en conta que só tres dos vinte concellos deste grupo non están gobernados polo PP. Coñecendo a dinámica política imperante desde hai décadas en Galicia e na provincia de Lugo, o sorprendente sería ver a dezaoito alcaldes do PP -ou polo menos a tres ou catro- votando a favor dun alcalde do BNG ou do PSOE para elevalo a un cargo calquera, aínda que só sexa para presidir unha xestora provisional. Talvez algún día os asuntos deste tipo se solucionen atendendo a outros criterios que non sexan o da politiquería pura e dura, pero antes terá que cambiar moito Galicia, e sobre todo terán que cambiar moito certos partidos. Quizá dentro duns anos....