Caza e pesca

LEMOS

FOGONAZO | O |

07 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

O 2004 non foi un bon ano para o comercio monfortino. Tampouco para a raquítica industria local, por non falar da agricultura e a gandería. Pero atención: a Xunta incrementa o orzamento do futuro centro cinexético e piscícola do pazo de Tor. Cabe pensar se o verdadeiro obxectivo deste novo centro -cuxa utilidade ninguén entende, excepto talvez os seus creadores- non será o de dotar aos monfortinos dos medios necesarios para a súa supervivencia. Talvez a súa función sexa adestrar aos veciños en técnicas elementais de caza e pesca, a fin de que poidan sobrevivir na natureza polos seus propios medios como se fosen homes do Paleolítico, comendo do que cacen e pesquen. Vista a situación da economía local, quizá non haxa outra saída.