FOGONAZO | O |

03 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

EN TODO o follón do paseo fluvial de Chantada hai un convidado mudo: a Diputación. Á Confederación Hidrográfica árdelle o lombo con todos os paos que lle están caíndo. E mentres tanto a Diputación cala a boca e agacha a cabeza, pero paga o 30% da obra. Así evítanse recibir, pero igual non se trata só diso. Como ben saben en Lugo, dende marzo na confederación manda o PSOE. Os seus actuais responsables herdaron un problema que non provocaron eles, pero non lles queda outra que arranxalo. Ou seguir levando paos.