Monforte espera a renovación do programa Cidades Dixitais

La Voz

LEMOS

? Concello de Monforte participará o próximo día 30 en Madrid nunha reunión de municipios que participan no programa Cidades Dixitais, promovido polo Ministerio de Industria, Telefónica e diversas comunidades autónomas. Segundo os responsables municipais, este proxecto nun cumpríu os obxectivos previstos cando se puxo en marcha -en Monforte empezou no verán do 2001- e os seus promotores están estudando a posibilidade de aplicarlle unha profunda reforma para facelo máis operativo. Desta cuestión falarase no encontro de Madrid. Esta reforma non só afectaría á presenza dos concellos en Internet, senóin que tamén podería supoñer a apertura en cada municipio participante dun local específico que permita aos veciños acceder ao uso das novas tecnoloxías da comunicación. O portal galego de Cidades Dixitais encóntrase na dirección www.cidadesdixitais.org. O Concello de Monforte dispón dun espazo propio neste sitio, xunto con Redondela, Riveira e Verín. Os contidos desta páxina apenas experimentan actualizacións.