Fracaso na protección

| SUSO VARELA |

LEMOS

DESDE EL ADARVE

16 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

DICIR A estas alturas que se van a incrementar os controles de velocidade e de alcoholemia e se porán bandas rugosas para que os coches non circulen de maneira temeraria sona a chiste. Os lucenses saben perfectamente cales son os lugares onde noite tras noite hai carreiras de vehículos e se superan con creces os 50 qilómetros por hora. Tamén están fartos de escoitar motocicletas co escape libre, de ver a conductores de motos sen o casco posto, de ter que soportar coches en doble fila durante máis de media hora, de comprobar como hai xente que pasa os semáforos en vermello a cotío e de como de maneira persistente nin os peóns nin os conductores respetan os pasos de cebra. Por non falar do cinto de seguridade. Un xa se empeza a fartar das declaracións do edil de Protección da Comunidade. Leva un ano dicindo que se vai solucionar todo o anteriormente dito. ¿Vostedes que cren?