¿Onde están esas orquestras?

LEMOS

TRIBUNA | O |

16 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

NON BEN acabaron as festas patronais de Monforte, unha boa parte dos comentarios críticos ou negativos sobre o programa céntrase na cuestión das orquestras. É sabido que en toda festa popular galega a elección da orquestra é algo fundamental, crucial, básico. Para moita xente, e sobre todo para a xente de certa idade, sen unha potente orquestra de verbena non hai festa que valla. Parece pouco discutible que un dos principais fallos do programa festivo monfortino, un fallo rechamante, foi a ausencia de orquestras de grande tonelaxe que permitisen disfrutar como é debido aos numerosos partidarios dos pasodobres. Se por un lado está claro que faltaron orquestras, non o está menos que sobraron outras cousaAs. Posiblemente sexa o caso da actuación principal da noite do domingo, que despertou moitas veces a mesma pregunta entre o público local: «¿E esas quen veñen sendo?». Un grupo case descoñecido en Galicia que non fixo precisamente rebentar de animación a praza da Compañía. Para outra vez será mellor renunciar a contratar a estes pequenos grupos pop vagamente famosos -está visto que só serven para encher programa- e gastar eses cartos nunha boa orquestra.