TRIBUNA | O |
19 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.COMO VECIÑA que son de Monforte insto ao goberno do concello a que adopte as medidas necesarias para non consentir que a grande cantidade de casas que están en proceso de ruína acaben derrumbándose enriba das xentes que camiñan polas rúas, co perigo que isto supón para a súa integridade física. O Concello ten que proceder cos propietarios para que as rehabiliten, entre outras cousas porque a responsabilidade da conservación dos edificios é dos propios propietarios; tal e como o recolle o artículo 24 do regulamento de disciplina urbanística de Galicia. O Concello debe saber que isto entra dentro dos dereitos e obrigacións dos propietarios de edificios, que fan que unha vivenda non se poida manter en estado de ruínas eternamente. Simplemente, é preciso aplicar a lei. Outro tanto acontence cos terreos abandonados no medio do pobo e nas parroquias, entre as casas, con herbas secas, cheos de inmundicias e alimañas. Son verdadeiros vertedoiros, algúns con silvas que chega ao medio das beirarrúas, cheos de cristais, co perigo que isto supón para incendios como o que se producíu a semana pasada ao lado do ambulatorio. ¿Que fai o Concello para sensibilizar aos cidadáns elaborar un padrón de solares abandonados e logo enciarlle unha notificación aos propietrios para que procedan á súa limpeza ou, de non ser así, actuar de oficio? Monforte dá unha imaxe de abandono e terceiromundismo, pola desidia e falta de interese dos señores que nos gobernan. ¿Que imaxe se van levar os veciños e turistas que nos visitan nesta época? ¿E así como se pretende atraer xente a Monforte? ¿A onde miran o alcalde e os seus concelleiros, á parte de para os cadros do seu despachop?