FOGONAZO | O |
28 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.DESGRACIADAMENTE, estes días padecemos unha serie de terribles incendios que asolan boa parte dos nosos montes. Según parece, e así o recoñecen autoridades e expertos, a meirande parte son provocados. Entre a cidadanía hai todo tipo de especulacións sobre a autoría dos lumes: causas políticas, motivos laborais, despistes en queimas autorizadas... No verán de 1988 tamén ardeu Galicia. Daquela queimouse máis que o que vai queimado este ano, pero había moito menos persoal, equipos moitos menos avanzados, menos helicópteros, menos carrocetas, en fin, menos medios. Ante esta oleada de incendios todos estamos preocupados e á procura de solucións. Todos remamos na mesma dirección. O inimigo é o lume. «Todos contra el fuego», cantaba Serrat para TVE. En 1988 moitos que agora ocupan cargos na Xunta tiñan claro quen era o inimigo: Francisco Sineiro, daquela conselleiro de Agricultura. O PSdeG e o BNG poderían sinalar hoxe a Diz Guedes (Agricultura) e Barreiro (Medio Ambiente, pero non o fan porque saben que o problema son as queimas e non os conselleiros. Se o PP pasa a oposición e ten en conta esta obviedades, teremos avanzado algo. Non o verán os nosos ollos.