Animación baixo o chuvasco en Vilachá

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

A Cata do Viño da Pobra do Brollón congregou a centos de persoas a pesar do tempo desfavorable O público afluíu de forma crecente a partir da hora da apertura do recinto

01 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

? decimoterceira edición da Cata de Viños de Vilachá de Salvadur foi inagurada onte nun ambiente de gran animación, a pesar das condicións meteorolóxicas pouco favorables en que se desenvolveu a primeira xornada. O recinto da festa, no tradicional conxunto de adegas da localidade, iniciou a súa actividade sobre as cinco da tarde. O alcalde David López Goyanes e o concelleiro Jesús Fernández acompañaron a un grupo de gaiteiros -formado na súa maior parte por membros da banda de gaitas da Pobra do Brollón- nun pasarúas que percorreu a zona. Neses momentos, o público aínda era máis ben escaso, así como o número de adegas abertas, pero a situación non tardou moito tempo en cambiar. A partir da media tarde, a afluencia de visitantes chegados de diferentes puntos do municipio e do resto da comarca foi aumentando de forma considerable. A chuvia, que caeu de forma case constante durante a segunda metade da xornada, non chegou a desanimar ao público, que puido disfrutar dunha temperatura agradable gracias a que o lugar se encontra ben protexido. As adegas, así mesmo, brindaron suficiente abrigo a todos os asistentes nos momentos en que o tempo se mostrou máis desapracible. A animación continou crecendo ao longo da tarde e prolongouse ata ben entrada a noite.