Río Lor aumentará a axuda ao centro biolóxico do Courel se o permite a Agader

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

A entidade ten previsto conceder un mínimo de 150.000 euros para o proxecto da Universidade de Santiago Julio Álvarez di que hai un ano xa se lle garantiu o apoio ao reitor Senén Barro

17 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? xunta directiva da Asociación Río Lor manifestou onte a súa disponibilidade a aumentar a partida destinada ao financiamento da futura estación de bioloxía do Courel en caso de que conte para isto co necesario permiso da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), o organismo dependente da Xunta que está encargado de supervisar a xestión do plano Leader Plus. O presidente da entidade e alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, afirma que esta intención xa foi expresada nunha reunión mantida hai un ano co reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro. «Daquela xa dixemos que poderíamos achegar como mínimo 150.000 euros e que estamos dispostos a incrementar esa axuda sempre e cando non diga o contrario a Agader, que é quen ten a última palabra», explica. Julio Álvarez considera por outra parte que a viabilidade do proxecto non depende unicamente das axudas económicas que poida proporcionar Río Lor, senón tamén da actitude que adopte a Universidade de Santiago a este respecto. «Hai unha serie de requisitos legais que deben cumprirse estrictamente, tanto no caso da universidade como no de calquera outra iniciativa que aspire ás axudas do Leader Plus e que inclúen desde a disponibilidade dun terreo adecuado ata a personalidade xurídica dos responsables do proxecto», engade o presidente da asociación. O responsable do proxecto por parte uiversitaria, o catedrático Javier Guitián, dixo recentemente que a Universidade de Santiago pode dispoñer de fontes complementarias de financiamento.