DESDE EL ADARVE
20 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.O FILME de Julio Médem leva xa dous meses na carteleira de Lugo, a pesares do Nadal. É unha boa noticia, porque significa que os lucenses queren informarse do chamado conflicto vasco a través doutros medios que non sexan as canles oficiais, por exemplo RTVE. En tempos nos que pensar diferente do que goberna é xa un delicto, a película é unha aposta valente polo diálogo entre tódolos vascos, únicos que poden resolver o seu problema, pero tamén acaba convertíndose nun chamamento en favor da liberdade de expresión. As críticas emitidas polos dirixentes do PP conseguiron o efecto contrario, que o filme sexa máis visto do que por si merece a súa calidade cinematográfica. A obra non chega á xenialidade plástica de Leni Rienfesthal, pero tampouco é a ideoloxía noxenta do nazismo, como se chegou a dicir. O mellor é vela, debatir e opinar. Non se pode castigala antes de proxectala.