As citas | Teatro na capital A programación da Rede Galega de Teatros traerá no primeiro semestre cinco obras á capital, oito a Vilalba, dezaoito á Mariña e cinco a Monforte
20 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.? Gustavo Freire recibirá no primeiro semestre do ano cinco obras da programación da Rede Galega de Teatro que promove a Consellería de Cultura. Houbo xa unha representación o pasado luns coa derradeira obra de Roberto Vidal Bolaño, Animaliños . As primeiras pezas serán dentro da Mostra de Teatro Clásico, os días 31 e 1. Trátase de Lazarillo , de Caramuxo Teatro, e de Amadís de algures , de Artello-Teatro Alla Scala. Como son dedicadas ó público infantil poderanse ver no centro social de Fingoi ás doce e media e con entrada de balde. O 4 de febreiro chegará un dos espectáculos de maior éxito en Galicia, o que dirixe o actor Carlos Blanco para a compañía Nordesia Produccións. Trátase de Dillei , unha aposta que fusiona a música en directo coa instalación de vídeo, para facer unha ironía sobre a música tradicional e a electrónica. O 18 de febreiro representarase no auditorio Un tranvía de nome desexo , peza fundamental de Tennesse Williams. Os actores de Balea Branca están a preparar unha montaxe de case dúas horas. E o 3 de marzo chegará a obra de Valle-Inclán Cara de plata , a cargo del grupo Al Suroeste. No auditorio de Vilalba o grupo Teatro Galileo representará O médico a forza (30 de xaneiro), e Balea Blanca escenificará Un tranvía de nome desexo (9 de abril) e ¡Ay, Carmela! (14 de maio). As obras poderanse ver a partires das nove da noite. La Casa da Cultura de Monforte recibirá ós grupos Librescena con As obras completas de William, Shakespeare (29 de xaneiro) e Os cárceres do olvido (1 de abril); Nove Dous, coa obra O porqué das cousas (19 de febreiro); e Teatro do Morcego con A gran ilusión (25 de marzo) e O caso da rúa Lourcine (29 de abril). Viveiro, Foz, Burela e Ribadeo tamén acollerán obras da Rede Galega de Teatro.