A TRIBUNA | O |
09 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.ANDAN TOLOS os da investigación espacial europea buscando a última sonda-robot enviada a Marte. A Beagle 2 debía aterra no planeta vermello precisamente o día de Nadal. E se fora todo un éxito a mesma, despois de andar a facer trompos, debía emitir un código de nove notas musicais. Pero non o fixo. Non é a primeira nin será a derradeira sonda que se perda -tamén manda narices- no ultimísimo momento. Xustamente cando dabía darnos toda a información que xustifica ese investimento. Unha mágoa, dende logo. Coa ilusión que nos faría saber se hai, houbo ou poderá haber algún día vida nese planeta. Que, lembren, dista de nós só seis meses viaxando á mesma velocidade cás sondas espaciais. Aínda que de momento haberá que conformarse con que a sonda nodriza Mars Express este xa na órbita marciana. Cabe esperar tamén que as próximas que manden non se perdan. Claro que, postos a facer conxecturas e ser outro pouquiño mal pensados, a ver se algunha se perde de máis e acaba nada menos que en África. Cristóbal Colón buscaba as Indias e descubriu América. Miren que se a estas alturas, tanto norteamericanos como europeos descubren que aí hai vida....