FOGONAZO | O |
05 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.O ÚNICO que hai que temer é que o ceo caia sobre as nosas cabezas, dicían os antigos celtas. O domingo estivo a punto de caer sobre o sur lucense un anaco de varios quintais. Houbo quen creu que o meteoroide caíra por aquí. Non foi tal. Perdemos a oportunidade de contar cun cráter meteórico que sería un valioso atractivo turístico, pero tamén aforramos un posible problema.