«Esperamos que os alcaldes se comporten realmente como alcaldes»

La Voz

LEMOS

?s representantes do BNG na Deputación fixeron un chamamento ós alcaldes dos 17 municipios afectados polo contencioso do canon de Belesar para que defendan os intereses dos seus respectivos concellos. «Esperamos que os alcaldes do PP destes municipios se comporten realmente como alcaldes, máis que como militantes do seu partido», dixo Fernando Blanco. Ó seu xuízo, os gobernos locais deberán desempeñar un importante papel no desenlace do conflicto, xa que a eles lles corresponderá elaborar listas de actuacións prioritarias nas que será necesario investir os fondos do canon hidroeléctrico. Os nacionalistas criticaron a actitude do alcalde de Chantada, dicindo que «votou en contra das solicitudes que leva presentando o BNG desde o ano 95 para que se solucione este problema e por tanto, votou contra os intereses do seu propio municipio». O rexedor Manuel Lorenzo Varela, non obstante, xa afirmou en días pasados que o fallo do Supremo é «unha boa noticia» para Chantada.