O valedor de Sabela

ELVIRA PALLARES GALLEGO

LEMOS

LA TRIBUNA | O |

11 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

QUE SORPRESA levei. cando vin o titular «Pobre Sabela», e pregunteime, ¿quen será o iluminado ou iluminada que defende a tal personaxe?, mais o ler o seu apelido comprendín que era alguén da época visigoda e por aqueles tempos descoñecían o que significaba unha escala de valores. Poño no seu coñecemento que hai uns tres ou catro fins de semana en varios pubs de Sarria a sua defendida foi insultada, vilipendiada e descalificada non polo BNG, senón por xente demócrata que non esquece que o 14 de xuño tamén foron insultados, vilipendiados e descalificados por Sabela Caldas; e dígolle mais, baixo a miña modesta opinión quen apoia e defende a un traidor está cortado polo mismo patrón.