Castilla y León
La participación en las elecciones a las 14 horas sube dos puntos hasta el 36,9 %

A Charca pide que non se alteren os accesos á igrexa de Pesqueiras

Francisco Albo
Francisco Albo CHANTADA

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

O colectivo amósase alarmado ante a posibilidade de que se asfalten os camiños A asociación solicita ó Concello de Chantada que promova as rutas a pé pola zona

05 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? asociación chantadina A Charca, dedicada a promover rotas a pé pola, pide ó Concello de Chantada que reconsidere os seus proxectos de reacondicionar os accesos á igrexa románica de Pesqueiras, absténdose particularmente de asfaltar ningún dos caminos que levan ó templo. O colectivo declárase preocupado por algunhas das declaracións realizadas recentemente polo alcalde a este respecto e considera que se executase unha obra deste tipo «alteraríase gravemente a identidade paisaxística e patrimonial do entorno, perdendo en grande parte o seu atractivo». Ó mesmo tempo, segundo esta asociación, a zona perdería potencialidades á hora de atraer visitantes interesados nos itinerarios naturais e culturais. A Charca cre ademais que a reforma dos camiños da igrexa facilitaría o acceso «para os saqueos e atentados contra o patrimonio». Por outro lado, o colectivo afirma que os dous camiños de acceso á igrexa -tanto o que parte da aldea de Outeiro como o que pasa xunto ó albergue de Fenosa- son actualmente os máis demandados polos afeccionados ás rotas a pé que visitan o municipio. Fronte á posibilidade de que se modifiquen os camiños de acceso, A Charca pide ó Concello que se esforce máis na promoción das rutas a pé polos lugares de interese cultural do municipio. O colectivo sinala que os únicos planos de rotas deste tipo existentes en Chantada son as que elaborou A Charca hai cinco anos. Por iniciativa do do Concello de Chantada, por outra parte, o pasado xoves foron talados os castiñeiros máis próximos á igrexa románica. Con esta medida, que fora anunciada polo alcalde en días pasados e demandada por veciños da parroquia hai varios meses, preténdese impedir que se repitan sucesos como o que se produciu recentemente no lugar e que provocou o deterioro da cuberta da igrexa.