El pulso por la autovía llega al Parlamento

La Voz

LEMOS

La Xunta garantiza la infraestructura entre Sarria y Nadela, pero no que continúe hasta Monforte

18 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

La polémica por la ampliación de la autovía Nadela-Sarria hasta Monforte llegó el pasado 12 de noviembre al Parlamento de Galicia. El BNG presentó una proposición no de ley para que la Xunta presupuestase 100 millones de euros en el 2004 con el fin de garantizar que esta infraestructura llegase a la ciudad del Cabe. La iniciativa obtuvo el respaldo del grupo socialista, pero fue rechazada finalmente por la mayoría popular. A continuación se reproduce parte del debate. Henrique Rodríguez Peña: «Sempre defendimos por activa e por pasiva que as cousas son cribles cando teñen financiación e hai unha certa animación dos sectores socioeconómicos. Todo iso das plataformas loxísticas, por falar do porto seco de Monforte, ten que ir realmente motivado por infraestructuras capaces tanto no eido do ferrocarril como no das estradas. No contexto das comunicacións en Lugo a autovía Nadela-Sarria-Monforte é un referente non só para estas comarcas, senón tamén para a ourensán de Valdeorras, que máis que periferia non parece nin territorio galego. Teñen falado vostedes da creación do porto seco de Monforte e non hai infraestructuras. O que hai é unha parte do país que está desabastecida e que no futuro vai estar aínda peor, porque a modernización do ferrocarril segue a ser literatura. Non sei como explicarán ante os veciños e os empresarios de Sarria e Monforte por qué a señora Besteiro presentou unha moción dándonos a razón na comunicación de Lugo e Monforte por autovía. Quero dicirlle ó señor Corral, que é dos impertérritos que pensan que non é necesaria, que tamén o ex alcalde de Monforte dicía o mesmo e acabou por apoiar una moción do Bloque e do PSOE, pois seica o entenderan mal. Non sei o que pensará diso a diputada de Monforte do PP. Nós pedimos que se aclaren. Non temos culpa de que os renovadores de Monforte marquen diferencias coa executiva e veñan a dicir que están de acordo co Bloque. Os problemas de Sarria, Monforte e Valdeorras non son os dunhas pedanías, falamos dun territorio importante. Isto non é ningunha tontería. Igual que Zaragoza mira para Santander para ter a estación marítima máis importante da España interior, o porto seco de Monforte non poderá ser húmido se non mira ó Cantábrico».