Borrascas

LEMOS

FOGONAZO | O |

31 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

PARA NON desmerecer das condicións meteorolóxicas reinantes, o Concello de Monforte tamén está a pasar por un notable temporal. Unha frente borrascosa procedente, curiosamente, da sede da UXT, segue a descargar abundantes precipitacións verbais sobre a área de goberno. Predicir a evolución que pode ter nos próximos días ou semanas esta frente de baixas presións parece cando menos arriscado.