A TRIBUNA | O |
04 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.EMPEZAR A pensar no que ha de vir. O que pasou, pasou, inclusive o que fora mellor que non pasara. E ningún cínico triunfalismo seu nos vai convencer do contrario, señores alcalde, concelleiro de Cultura e Caseiro, porque o vivimos. Seica agora hai afán de diálogo; antes foron as malas mañas, o secretismo, a prepotencia, a soberbia e a insensibilidade. Pero, se queren pensar , adiante, a ninguén lle fará mal. Pensen no Folión, na traxedia da súa desaparición, miren que é un tema de demasiada trascendencia social e cultural para responsabilizar só aos Amigos do Folión, sería unha covardía, pensen no prexuízo económico que supón para a hostalería e derivados en Chantada. ¿Compensan esas perdas os 1.500 ou 2.000 asistentes, cheo non houbo, á tourada? ¿Cantos viñan de fóra? ¿Mil? ¿Cantos foráneos veñen ao Folión? ¿Só mil? Se tantos viñeron de fóra, ¿hai afección á tourada en Chantada que xustifique a súa inclusión no programa? Pensen que nin tradición significa inmobilismo nin innovación é o mesmo ca quebra dos valores tradicionais. Igual chegan á conclusión de que os cidadáns non nos involucramos máis porque non nos ofrecen nada parecido ao que merecemos. E que lles axuden os do BNG, PSOE e Porchantada, tanto se botan de menos os seus actos como as súas reflexións