Cobardía

JOSÉ LUIS LÓPEZ

LEMOS

LA TRIBUNA | O |

26 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DÍAS ATRÁS aparecía unha nota do BNG de Sarria na que se comentaba a actitude de Sabela Caldas. Segundo esta noticia, que aclara detalles con respecto do escuro pacto de goberno, podemos chegar a unha conclusión. Sabela Caldas mentiu dunha forma descarada ós compañeiros do BNG, ós seus votantes e a toda a cidadanía. Na nota que a tránsfuga non se atreve a contestar fanse dúas afirmacións importantes. Primeiro, que a señora Caldas recibía unha chamada de Fernando Carlos o día antes da investidura pola noite. ¿De que asuntos falaron durante 15 minutos aproximadamente?, ¿por que Sabela Caldas non lles comunicou os acordos desta conversa ós seus compañeiros do BNG? A segunda afirmación vennos a dicir que esta señora prometeu dimitir nas horas seguintes ó pleno do 14 de xuño. Tódolos membros do BNG ían xantar xuntos, o que aceptaba a tránsfuga. Somentes dixo que antes tiña que acudir ó despacho de José Manuel Campo, e ós poucos minutos os membros do BNG reciben unha chamada desta señora na que lles di que non podía estar con eles. ¿Que pasou neste tempo? Contéstenos a estas preguntas, non facelo e de cobardes, apelativo que vostede empregou contra as persoas que nos manifestamos en defensa da democracia.