¡Non nos vendas a moto Sabela!

NOA PIÑEIRO

LEMOS

LA TRIBUNA | O |

05 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

GRACIAS SABELA ¡Menos mal que xa estás ti no Concello!. ¿Qué sería do pobo de Sarria sen unha persoa tan coherente e racional coma ti? ¡Se xa o tes todo demostrado! Espero e desexo que sexas ti, a tránsfuga, a que soluciones todos os problemas que os teus compinches de goberno non souberon arranxar coa sua incompetencia demostrada ata a saciedade na anterior lexislatura. Tamén gracias por querer que sepamos «la situación en la que estamos», pero gustaríame saber antes quen che vai axudar en tarefas como a de facer «una política de mayor contención». Ahí tes unha dura tarefa con un dos teus novos amigos. ¿É ese o motivo polo que non che parece oportuno valorar a actuación do anterior equipo de goberno no tocante a gastos? ¿Esqueciches al dedicacións exclusivas polas que tanto protestabas? É normal, tantas negociacións co inimigo é o que teñen, que che fan perder a memoria, por non falar da dignidade. Xa que o trío lalalá nos quere vender transparencia hay que recordar que as contas sempre foron públicas. O que vos vai condicionar no futuro é a incompetencia. Confiamos en que o equipo de técnicos e colaboradores fagan algo máis ca vós. Coñecendo ó persoal é un chiste.